Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 21 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador CON-LU-33/2011-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, n.º 70.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 21 de decembro de 2011.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: CON-LU-33/2011-V.

Interesada: Iberdrola Generación, S.A.U.

Acto notificado: incoación.