Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de ampliación da estación de ITV do Espírito Santo, Sada (A Coruña), declarado como de incidencia supramunicipal polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de decembro de 2011.

O Consello da Xunta de Galicia acordou, na súa reunión do 7 de decembro de 2011, declarar o proxecto sectorial de ampliación da estación de ITV do Espírito Santo, Sada (A Coruña), promovido pola empresa Supervisión y Control, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes aos trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na comunidade autónoma e de audiencia aos concellos afectados polo plan ou proxecto,

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial de ampliación da estación de ITV do Espírito Santo, Sada (A Coruña), declarado como de incidencia supramunicipal por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de decembro de 2011, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os/as interesados/as disporán do citado prazo dun mes para examinar o proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña e no Concello de Sada e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas