Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 136/2010).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

N.º de expediente: IN407A 136/2010.

Solicitante: Electra del Foxo, S.L.

Domicilio social: Nicaragua. Torrelo 15. 15129 Vimianzo.

Denominación: L.M.T.A., C.T., Tines

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV de 320 m de lonxitude en condutor LA-56, con orixe na L.M.T. existente en derivada a C.T. Treos e final no C.T. prefabricado de manobra interior con transformador de 160 kVA, por medio do paso aéreo soterrado en Tines. Concello de Vimianzo

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de junio)
Juan Ignacio Lizaur Otero
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas