Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 106/2011).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua 10-3.º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: reforma C.T. e R.B.T. Villamir.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas:

Novo centro de transformación tipo intemperie sobre apoio de formigón tipo H.V.H.-13/2.500, con transformador de potencia 400 kVA e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, en substitución do actual centro de transformación tipo caseta de obra civil, que se vai demoler.

L.M.T. aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 35 m, con condutor illado trenzado de tipo R.H.V.S. 12/20 kV/95 mm2 e con inicio no apoio número 60 existente tipo HV-2-13/1.000 da L.M.T. Villamir (expte. 7.597) e final no novo apoio proxectado, onde se instalará o C.T. O trazado proxectado manterá o eixo da liña existente que se vai substituír, cunha única aliñación.

Reforma da rede aérea de baixa tensión existente, coa instalación de 5 novos apoios tipo HV, con condutor R.Z. 3×150×80, cunha lonxitude de 663 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Esta resolución substitúe a ditada en data 16.11.2011 por erros materiais no seu contido.

A Coruña, 1 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG número 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial