Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2012 Páx. 3786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4438/2011, interposto contra a Resolución do 27 de xuño de 2011, pola que se fai pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do Plan sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria no concello de Barreiros (Lugo), aprobado mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 2011.

Para os efectos de lle dar cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número P.O. 4438/2011, interposto pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 27.6.2011, pola que se fai pública a aprobación definitiva e as disposicións normativas do Plan sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria no concello de Barreiros (Lugo), aprobado mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 2011; esta secretaría xeral técnica resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas