Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 2 de xaneiro de 2012 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes de Industrias Gelucho y Romar, S.A. e Ventanas PVC, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, n.º 5, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: Industrias Gelucho y Romar, S.A.

Interesado: Carlos José Poyan Alonso.

Acto que se notifica: resolución de arquivo.

Expediente: Industrias Gelucho y Romar, S.A.

Interesada: M.ª de la Paz González Longres.

Acto que se notifica: resolución de denegación.

Expediente: Industrias Gelucho y Romar, S.A.

Interesado: Nicolás Vaz Pintos.

Acto que se notifica: resolución de modificación da contía da axuda solicitada.

Expediente: Industrias Gelucho y Romar, S.A.

Interesada: María Gemma Castiñeira Sobrido.

Acto que se notifica: resolución de modificación da contía da axuda solicitada.

Expediente: Industrias Gelucho y Romar, S.A.

Interesado: Ignacio Pedro Recio Satue.

Acto que se notifica: resolución de modificación da contía da axuda solicitada.

Expediente: Ventanas PVC, S.L.

Interesado: Guillermo Veiga Couso.

Acto que se notifica: resolución de modificación da contía da axuda solicitada.