Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Crende II, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro. Mediante escrito do 2 de decembro de 2011, Concepción Román Jalda solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Crende II.
Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos, sobre as características do viveiro, e do Servizo Técnico-Xurídico, sobre a tramitación do expediente, son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 25 de novembro de 2009 de delegación de competencias nos xefes territoriais da Consellería do Mar.
Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Raúl Rodríguez Román (36169688-A), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Crende II.
Localización:
Cuadrícula n.º: 79.
Polígono: C.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde outorgamento: 11.12.1975.
Remate vixencia: 15.12.2019.
Actual titular: Concepción Román Jalda (35280023-R).
Novo titular: Raúl Rodríguez Román (36169688-A).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. O titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 21 de decembro de 2011.
P.D. (Orde 25.11.2009; DOG n.º 235, do 1 de decembro)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo