Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3522

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1166/2010).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1166/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Candal Garaboa contra a empresa Mompasa Instalaciones, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por José Manuel Candal Garaboa, con DNI 32394251-Q, contra a empresa Mompasa Instalaciones, S.L., debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a entidade demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.315,50 €, sen que proceda facer declaración de condena ou absolución con respecto ao Fogasa.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditalo mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Débese acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 150 euros preceptivos para interpoñer recurso; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mompasa Instalaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de decembro de 2011.

O secretario xudicial