Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (646/2010).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 646/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Asnorte, S.A., Lucía Lousa Bonome, Eva Vidal Piñeiro, Alexandra Brito Pérez, Iván García de Castro, sobre procedemento de oficio, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que estimando a demanda presentada de oficio pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña, debo declarar e declaro que a natureza da relación sometida a debate (e actualmente extinguida) entre os traballadores Lucía Lousa Bonome, Eva Vidal Piñeiro, Delgis Alexandra Brito Pérez e Iván de Castro García e a empresa Asnorte é laboral, e condeno os referidos traballadores e a empresa a se ateren a esta declaración.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contado desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral, pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e procederase ao seu arquivo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Alexandra Brito Pérez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de decembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado