Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Asociación Galega Monte Industria.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificación onde se reflicte o acordo acadado na sesión ordinaria da xunta de goberno realizada o 21 de setembro de 2011, en que se recolle o cambio de domicilio social da dita asociación, que pasa a ser en Vía Pasteur 43-2.º oficina 19 (Polígono Industrial do Tambre) 15890 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais