Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social RL 2011/591-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o cal poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta xefatura territorial, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente n.º: RL 2011/591-1.

Acta inf. nº: I152011000136794.

Empresa: Centro de Compras Mercantil Chino, S.L.

NIF: B15951809.

Enderezo: rolda de Outeiro 274-baixo, 15010 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (falta de medidas de seguridade e saúde no centro de traballo).

Normativa infrinxida: Real decreto 486/1997, do 14 de abril, e Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Tipificación: Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Proposta de sanción: 2.046 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 23 de decembro de 2011.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña