Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2012 Páx. 3423

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 8, do xoves 12 de xaneiro de 2012, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 1891, no artigo 1, onde di: «e proceder á súa convocatoria para o ano 2011 en réxime de concorrencia competitiva», debe dicir: «e proceder á súa convocatoria para o ano 2012 en réxime de concorrencia competitiva».

Na páxina 1893, no artigo 3, onde di: «partida orzamentaria 05.05.212A.481.1», debe dicir: «partida orzamentaria 05.05.212A.481.0».

Na páxina 1895, no artigo 6.2, onde di: «das delegacións territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza», debe dicir: «das delegacións territoriais da Xunta de Galicia».

Na páxina 1901, na disposición adicional única, onde di: «Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011», debe dicir: «Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012».