Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2011/338-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cía., S.A.

Enderezo social: Doutor Fernández Vega, 14, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.A. Maceira-Piñeiro fase I.

Situación: Covelo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con conductor LA-110 de 1.278 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T.A. derivación Porrón-Barciademera-Maceira, no apoio existente situado na central de Maceira e final no actual apoio 4ES01350 da mesma liña. A instalación está situada en Maceira e Piñeiro, concello de Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda, 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra