Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2011/202).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Zas, S.L.

Domicilio: Vilar do Mato, n.º 27, 15850 Zas (A Coruña).

Denominación: centro de reparación e seccionamento Vilar do Mato-Zas.

Situación: concello de Zas.

Características técnicas: substitución do centro de repartición e seccionamento existente na mesma parcela onde está a sede da empresa distribuidora, consistente na instalación dun edificio prefabricado onde se instalarán unha cela de liña, dúas celas de liña motorizadas, unha cela de protección de transformador e un transformador de potencia 50 kVA e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV.

– Acondicionamento das entradas e saídas ao novo centro de repartición e seccionamento mediante a instalación das seguintes liñas de media tensión soterradas a 20 kV: unha liña de entrada con orixe no paso aéreo-subterráneo para instalar no apoio existente da L.M.T. Xallas-Electra de Zas (expediente IN 407 A 1996/252); unha liña de saída ata a liña soterrada L.M.T. Vilar do Mato-Carreira (expediente 52.355), e outra liña de saída ata o paso aéreo-subterráneo para instalar no apoio existente da L.M.T. Vilar do Mato-central (expediente 29.526), todas con condutor tipo R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 1×95 mm2 Al e unha lonxitude total de 104 m.

– Saídas de baixa tensión soterradas con orixe no centro de transformación proxectado e final na rede aérea existente, cunha lonxitude total de 32 m, con condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 1×150 mm2 Al.

– Recuamento da rede aérea de baixa tensión existente desprazando o inicio da liña e intercalando un novo apoio de aliñación, con condutor tipo R.Z.-0,6/1kV 3*95Al+54,6 Alm.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir de data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de decembro de 2011.

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe de Administración Industrial