Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0127/2011-BIO.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, sita na praza de Luís Seoane, s/n, edificio administrativo Monelos, 3.º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 22 de decembro de 2011.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: INC-CO-0127/2011-BIO.

Denunciada: Manuela Moar Pedreira.

Acto de notificación: proposta de resolución.