Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2012 Páx. 3197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza á persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento sancionador INC-LU-0094/2011-BIO.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao ignorarse o lugar da notificación, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla n.º 70 (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 26 de decembro de 2011.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: INC-LU-0094/2011-BIO.

Denunciada: Dolores Meitín Pico.

Acto notificado: acordo de iniciación.