Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2012 Páx. 2876

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1071/2008).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que na demanda 1071/2008, seguida neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 9 de decembro de 2011.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 Reforzo da Coruña e do seu partido, estes autos de xuízo n.º 1071/2008, seguidos por instancia de José Artigas Aguiar Cruz, representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Noroeste Express Servicio Integral de Paquetería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando integramente a demanda formulada por José Artigas Aguiar Cruz, representado pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Noroeste Express Servicio Integral de Paquetería, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de 7.092,75 euros, en concepto de obriga de pagamento expedida a prol do demandante en febreiro de 2008, con data de vencemento do 16 de maio de 2008, obriga de pagamento expedida a prol do demandante en abril de 2008, con data de vencemento do 16 de xuño de 2008, obriga de pagamento expedida a prol do demandante en abril de 2008, con data de vencemento do 16 de xullo de 2008, incrementada cos xuros de demora pertinentes.

Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar antes este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, do cal coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril. Pasado este prazo quedará firme e procederase ao seu arquivo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Noroeste Express, Servicio Integral de Paquetería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña o 27 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado