Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de información pública de solicitude de licenza municipal.

Solicitada por Dosinda Pena González licenza municipal para a instalación da actividade de fosa de xurro, sometida a avaliación de incidencia ambiental, que se desenvolverá no lugar do Ladelo, da parroquia de Rioaveso, deste termo municipal, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir un período de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, por período de vinte días –que empezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación–, para que todos aqueles que se consideren afectados pola citada actividade poidan examinar o expediente, que se atopa á súa disposición na Secretaria municipal, e formular por escrito reclamacións ou observacións, se o estiman oportuno.

Cospeito, 12 de decembro de 2011.

Armando Castosa Alvariño
Alcalde