Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de convocatoria de praza por promoción interna.

No BOP de Ourense n.º 243, do 26 de outubro de 2011, con corrección de bases publicada no BOP de Ourense n.º 288, do 22 de decembro de 2011, publícanse integramente as bases que rexen a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de persoal laboral fixo denominada Oficial de segunda de parques e xardíns, mediante o sistema concurso-oposición, por promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade co establecido nas bases, publicaranse no BOP de Ourense, e/ou no taboleiro de anuncios do Concello do Barco de Valdeorras e sempre que sexa posible, con carácter non preceptivo e complementario, na páxina web do concello: www.concellodobarco.org

O Barco de Valdeorras, 10 de xaneiro de 2012.

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde