Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (285/2011).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 285/2011 seguido neste xulgado se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución é do seguinte teor literal:

«Na Coruña o vinte e tres de novembro de dous mil once. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 285/2011 seguidos por instancia de José Crespo Fernández, asistido polo letrado Sr. Antonio Pousa, contra a empresa Suministros Industriales Prieto Puga, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre declaración de dereito e reclamación de cantidade.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por José Crespo Fernández, asistido polo letrado Sr. Antonio Pousa, contra a empresa Suministros Industriales Prieto Puga, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a recoñecer a José Crespo Fernández a categoría profesional de oficial administrativo e aboarlle a cantidade de 1.170,60 euros, por sumas debidas en concepto de diferenza salarial entre a categoría que ten actualmente de auxiliar administrativo e a que debería ter de oficial administrativo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que carece de recurso en atención á súa materia e contía (artigo 189.1 LPL), polo que, unha vez notificada, quedará firme en dereito».

E para que sirva de notificación en legal forma a Suministros Industriales Prieto Puga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia na Coruña, 15 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial