Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2655

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande

EDICTO (130/2010).

Agustín Gamote Álvarez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande, anuncio que neste procedemento seguido por instancia de Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., Santander Consumer, contra José Antonio Álvarez Fernández se ditou sentenza, que contén o seguinte encabezamento e resolución:

«María Blanca Díez Mediavilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único de Bande, examinou o procedemento ordinario seguido co número 130/2010, por instancia da entidade Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representada polo procurador dos tribunais Ricardo González Tejada, coa dirección letrada de Celia Suárez López en substitución de Antonio González López, contra José Antonio Álvarez Fernández, en situación de rebeldía procesual.

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Ricardo González Tejada, procurador dos tribunais e da entidade Santander Consumer, Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., contra José Antonio Álvarez Fernández, en situación de rebeldía procesual.

Condénase o demandado a lle aboar á parte demandante a cantidade de 18.374,98 euros.

A cantidade anteriormente expresada xerará os xuros dos artigos 1108 do Código civil e 576 da Lei de axuizamento civil.

Impóñenselle as custas ao demandado.

Ao notificar esta resolución ás partes, fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación, que se deberá preparar neste xulgado no prazo de cinco días desde a data da súa notificación, para ante a Audiencia Provincial de Ourense.

Así o pronuncio, mando e asino».

E ao estar o demandado José Antonio Álvarez Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Bande, 11 de novembro de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado