Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe no concello de Fornelos de Montes (expediente IN407A 2011/283-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Eléctrica Moscoso, S.L.

Enderezo social: avda. do Concello 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T., C.T.C. Calvos.

Situación: Fornelos de Montes.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z.1 de 60 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-3000/14 (paso aéro-subterráneo) na L.M.T.A. existente e final no C.T.C. proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, R.T. 20 kV/400 V, situado en Calvos, Fornelos de Montes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 13 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra