Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 15 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada C.T. Serra do Ponente, no concello de Cangas, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2010/249-4).

Advertido erro na resolución publicada no DOG n.º 5, do luns 9 de xaneiro de 2012, cómpre facer a seguinte rectificación:

No segundo parágrafo da resolución, onde di: «comunícase que o día 25 de xaneiro de 2011, a partir das 11.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación», debe dicir: «comunícase que o día 25 de xaneiro de 2012, a partir das 11.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación».