Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada e carta de pagamento do expediente sancionador EE 26/2008 a Intecga, S.L.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a Intecga, S.L. resolución de recurso de alzada do 4 de novembro de 2011 e a carta de pagamento da sanción imposta no expediente sancionador EE 26/2008.

Notifícaselle que a resolución do recurso de alzada, contra a resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería, é unha resolución definitiva en vía administrativa, contra a cal cabe interpoñer recurso ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Comunícaselle que o documento para poder proceder ao pagamento se atopa á súa disposición, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida de Fernández Ladreda, 43, 5.ª planta de Pontevedra.

O prazo de pagamento da sanción en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrrido o citado prazo sen efectuar o pagamento, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento con suxeición ao disposto no Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro.

Pontevedra, 2 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra