Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sarreaus (expediente IN407A 2011/46-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Javier Feijoo Blanco.

Domicilio social: O Vinteún, 10, 32001 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T. para granxa avícola A Portalleira.

Situación: Sarreaus.

Características técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 20 kV, de 32 m en aéreo con condutor LA-56 e 553 m en subterráneo con condutor R.H.Z.1, e orixe na L.M.T. ao C.T. da granxa do polígono (32PDR1) de Unión Fenosa Distribución, S.A. e remate no C.T. proxectado A Portalleira, de 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 27.710,52 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Ourense, 29 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense