Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2610

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012 (ED114A).

De acordo co previsto no artigo 7 da Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG número 146, do 30 de xullo, logo da proposta formulada pola Comisión Central de Avaliación, convócanse as probas para a obtención dos certificados de coñecemento de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.

1. Obxecto.

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2012.

2. Destinatarios.

As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2012, nacionais ou estranxeiras.

3. Prazo de inscrición.

Desde o día seguinte a publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 3 de abril de 2012 (inclusive).

4. Datas de realización das probas.

Celga 4: 2 de xuño de 2012.

Celga 2: 3 de xuño de 2012.

Celga 3: 9 de xuño de 2012.

Celga 1: 10 de xuño de 2012.

Se o número de aspirantes non permitise rematar as probas orais no día sinalado nesta resolución, a comisión de avaliación continuará con elas no día seguinte.

5. Lugares e niveis onde se van realizar as probas.

Probas Celga

Nivel

Galicia

Santiago de Compostela

Celga 1

Celga 2

Celga 3

Celga 4

A Coruña

-------

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Lugo

-------

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Ourense

-------

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Vigo

-------

Celga 2

Celga 3

Celga 4

España

Barcelona

Celga 1

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Madrid

Celga 1

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Ponferrada

Celga 1

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de admitidos e admitidas para cada convocatoria.

6. Contía das taxas de exame.

Segundo o previsto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, o importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros.

7. Sistema de liquidación das taxas de exame.

As persoas solicitantes presentarán, xunto coa solicitude, o xustificante do pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.

7.1. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na vixente Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, deberase aboar previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe vixente no momento da publicación desta convocatoria e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, para o que se utilizará o impreso de autoliquidación.

Este impreso facilitaráselles ás persoas interesadas en calquera rexistro ou oficina de atención ao cidadán da Xunta de Galicia. Os datos para cubrir o impreso son os seguintes:

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Código: 07.

Delegación de Servizos Centrais. Código: 13.

Servizo de Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.

Denominación: inscrición nas probas Celga, homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais certificación do nivel correspondente, de ser o caso, cando se superan as probas. Código: 30 44 01.

Poderase facer efectivo, así mesmo, o pagamento da taxa por internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á Oficina Tributaria, a través da oficina virtual na páxina web da Consellería de Facenda (www.conselleriadefacenda.es), premer a opción Tributos e logo a ligazón Taxas e Prezos. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento telemático, imprimirase o xustificante de aboar a taxa, que será o que se achegue xunto coa solicitude. En ningún caso, a presentación deste xustificante suporá a substitución da presentación, en tempo e forma, da solicitude.

7.2. O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo da solicitude correspondente, ás persoas aspirantes que figuren na listaxe de excluídos/as.

7.3. A non presentación do xustificante de pagamento, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión da persoa solicitante. En ningún caso, a presentación deste xustificante suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

8. Inscrición para a realización das probas.

Poderase realizar mediante a presentación da solicitude que figura no anexo desta convocatoria. Enviaránselle á sede central da Secretaría Xeral de Política Lingüística se pretende presentarse ás probas en Santiago de Compostela (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) ou aos gabinetes provinciais de Política Lingüística das provincias nas que pretenda realizar as probas (niveis Celga 2, 3 e 4).

Pódense presentar directamente no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, nos das súas xefaturas territoriais ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para os solicitantes de fóra de Galicia, admitirase a presentación nos centros de estudos das universidades nas que se pretenda presentar ao exame, e enviarase unha copia ao enderezo de correo seguinte: sxpl.probascelga@xunta.es

Na páxina web www.xunta.es/linguagalega figura un formulario que permite cubrir e editar a solicitude e unha ligazón para efectuar o pagamento telemático da taxa. Estes documentos están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

No caso de que a persoa aspirante padeza algunha discapacidade, expresará na solicitude o tipo desta e o apoio que precisará para realizar as probas.

9. Publicación da listaxe provisional de admitidos/as.

A listaxe provisional de admitidos/as para cada un dos niveis e localidades publicarase na páxina web www.xunta.es/linguagalega, 30 días naturais antes da data de realización das probas.

10. Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as.

A listaxe definitiva de admitidos/as para cada un dos niveis e localidades publicarase na páxina web www.xunta.es/linguagalega, 15 días naturais antes da realización de cada unha das probas.

11. Publicación dos resultados das probas.

Os resultados provisionais das probas publicaranse na páxina web:

www.xunta.es/linguagalega, no prazo de 2 meses desde a realización dos exames.

Os resultados definitivos das probas publicaranse na web:

www.xunta.es/linguagalega, no prazo de 4 meses desde a realización das probas.

12. Procedementos de reclamación ou de revisión das probas.

12.1. No momento da realización das probas, os aspirantes poderán solicitar a aclaración das dúbidas que lles poidan xurdir en relación co exame e, de ser o caso, presentar ante o presidente da comisión sectorial a reclamación que consideren oportuna. No prazo de 3 días, a comisión sectorial que recibiu a reclamación enviaralla á Comisión Central de Avaliación (CCA), xunto cun informe sobre o seu contido. A CCA resolverá o que considere oportuno e comunicarallo á persoa interesada, ao enderezo e polo medio que designase para os efectos de notificacións, e á comisión sectorial correspondente.

12.2. Logo da publicación dos resultados provisionais, as persoas interesadas, mediante escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo sxpl.probascelga@xunta.es, poderán, no prazo de 10 días naturais, solicitar a revisión das probas por parte da Comisión Central de Avaliación, que adoptará a resolución definitiva e lles comunicará ás persoas interesadas os criterios que determinaron a cualificación obtida.

12.3. Logo da publicación dos resultados definitivos, as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, un recurso de alzada, segundo o previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 28 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 16, do 19 de xaneiro e BOE número 30, do 4 de febreiro).

13. Desenvolvemento das probas.

As persoas interesadas presentaranse 15 minutos antes da hora de entrada, no lugar e na data para a realización das probas, provistos de DNI, pasaporte ou documento que acredite a súa personalidade e bolígrafo. Non se admitirá ningún tipo de material de apoio.

13.1. Probas para o Celga 1: a proba escrita terá unha duración de 2 horas. Ao remate desta, publicaranse os chamamentos para a proba oral, nos que se indicará o día e a hora aproximada para a súa realización. Esta proba terá unha duración máxima de 10 minutos e será realizada por 2 técnicos avaliadores.

13.2. Probas para o Celga 2: a proba escrita terá unha duración de 2 horas. Ao remate desta, publicaranse os chamamentos para a proba oral, nos que se indicará o día e a hora aproximada para a súa realización. Esta proba terá unha duración máxima de 10 minutos e será realizada por 2 técnicos avaliadores.

13.3. Probas para o Celga 3: a proba escrita terá unha duración de 2.30 horas. Ao remate desta, publicaranse os chamamentos para a proba oral, nos que se indicará o día e a hora aproximada para a súa realización. Esta proba terá unha duración máxima de 15 minutos e será realizada por 2 técnicos avaliadores.

13.4. Probas para o Celga 4: a proba escrita terá unha duración de 3 horas. Ao remate desta, publicaranse os chamamentos para a proba oral, nos que se indicará o día e a hora aproximada para a súa realización. Esta proba terá unha duración máxima de 15 minutos e será realizada por 2 técnicos avaliadores.

As probas orais serán gravadas como garantía do proceso.

No ano 2012, os chamamentos para as probas orais realizaranse por orde alfabética de apelidos (do A ao Z).

13.5. As probas realizadas fóra de Galicia poderán realizarse coa presenza dun só técnico avaliador. No caso da proba oral, gravarase para ser avaliada e cualificada posteriormente pola Comisión Central de Avaliación.

14. Expedición e rexistro dos certificados.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística expediralles os certificados ás persoas que superen as probas.

Os certificados constarán nun rexistro oficial no que figurarán o nome e apelidos, número de DNI ou pasaporte, lugar, data e resultados das probas e identificación alfanumérica dos certificados. A solicitude para participar nas probas comporta a autorización para o tratamento telemático dos citados datos para este fin.

15. Recurso contra a resolución de convocatoria das probas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, un recurso de alzada, segundo o previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 28 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 16, do 19 de xaneiro e BOE número 30, do 4 de febreiro).

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2012.

Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Política Lingüística

missing image file