Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2012 Páx. 2609

I. Disposicións xerais

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 40/2012, do 16 de xaneiro, polo que se declara loito oficial en Galicia con motivo do falecemento do expresidente do Goberno galego don Manuel Fraga Iribarne.

Para manifestar o seu sentimento e o do pobo galego por causa do falecemento do expresidente don Manuel Fraga Iribarne, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a dor dos seus membros e a de todos os cidadáns.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declárase loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas do día 16 de xaneiro ata as 24.00 horas do día 18 de xaneiro de 2012.

2. Nos devanditos días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira.

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de xaneiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza