Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2012 Páx. 2563

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (187/2011).

Raquel Blanco Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, anuncia que neste procedemento de divorcio n.º 187/11 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Vistos estes autos n.º 187/11 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Conde González, en nome e representación de Josefa López Pérez como demandante, asistida pola letrada Sra. Valeiras Mosquera, fronte a Francisco Bello Blanco, que foi declarada en rebeldía.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Josefa López Pérez e Francisco Bello Blanco, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra esta resolución cabe interpor, no prazo de cinco días, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal. Deberase constituír o depósito legalmente establecido.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S S.ª. Dou fe».

E ao estar o demandado, Francisco Bello Blanco, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 15 de xuño de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado