Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2258

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Oceanografía.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 22 de novembro).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Oceanografía pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Oceanografía

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

12

Optativas

36

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Metodoloxías Físicas Avanzadas e Instrumentación

6

Optativo

Submódulo A: Modelos e Técnicas de Obtención e Tratamento de Datos Oceanográficos

I. Metodoloxía

Linguaxes e Contornas de Programación

3

Optativo

Análise de Datos e Series Temporais

3

Optativo

Metodoloxías Químicas Avanzadas

6

Optativo

Técnicas Avanzadas en Ecoloxía

6

Optativo

Análise de Datos e Modelado en Oceanografía Biolóxica

3

Optativo

Técnicas Instrumentais e Xeocronolóxicas Avanzadas

6

Optativo

Análise Sismicosecuencial

3

Optativo

Medios Sedimentarios Fósiles

3

Optativo

Campaña en Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa

12

Obrigatorio

Submódulo B: Campaña en Buque Oceanográfico

Diversidade de Comunidades Bentónicas

3

Optativo

II. Disciplinar

Ecoloxía do Plancton

3

Optativo

Oceanografía de Ecosistemas

3

Optativo

Recursos Xeolóxicos Mariños

3

Optativo

Xeoloxía de Costas

3

Optativo

Procesos Xeolóxicos en Bacías Oceánicas

3

Optativo

Recursos Enerxéticos: Mareas e Ondadas

3

Optativo

Oceanografía Operacional

3

Optativo

Procesos Físicos de Pequena Escala

3

Optativo

Trazadores Químicos

3

Optativo

Gases Bioxénicos

3

Optativo

Materia Orgánica Disolta e Particulada no Océano

3

Optativo

Ecosistemas de Afloramento

12

Optativo

III. Interdisciplinar

Ciclos Bioxeoquímicos Globais

12

Optativo

Cambio Global

12

Optativo

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

IV. Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Oceanografía o alumnado deberá superar:

• Itinerario 1: os 24 ECTS obrigatorios das materias Campaña en Buque e Traballo fin de máster, 12 ECTS do submódulo A, 12 ECTS do módulo II e 12 ECTS do módulo III.

• Itinerario 2: os 24 ECTS obrigatorios das materias Campaña en Buque e Traballo fin de máster, 24 ECTS do módulo II e 12 ECTS do módulo III.

• Itinerario 3: os 24 ECTS obrigatorios das materias Campaña en Buque e Traballo fin de máster, 12 ECTS do módulo II e 24 ECTS do módulo III.