Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2337

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

INICIACIÓN do procedemento de expropiación forzosa por taxación conxunta dos terreos incluídos no ámbito da unidade de actuación número 24 do Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Pontevedra.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 30.12.2011, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Dispoñer a aplicación do sistema de expropiación forzosa mediante o procedemento de taxación conxunta para a obtención dos terreos do ámbito da Unidade de Actuación núm. 24 do PXOU de Pontevedra, polígono cunha superficie de 6.651 m2 que abrangue predios de propiedade particular pertencentes a diversos propietarios, entre as rúas Francisco Tomás y Valiente, Conde de Bugallal e rúa de nova apertura perpendicular a esta, que se sitúan no polígono catastral n.º 2724, co fin de proceder á execución xurídica do PERI aprobado no Pleno do 20.1.2011 e dar cumprimento aos compromisos adquiridos no convenio asinado entre o Concello e a Xunta de Galicia con data do 10.5.2010 concretados na adquisición dos predios referidos para a súa posterior cesión gratuíta e libre de cargas á Administración Autonómica, co fin de que esta proceda á construción do novo edificio xudicial desta cidade, na zona da Parda.

Segundo. Prestar aprobación, con carácter inicial, ao proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos incluídos no ámbito da Unidade de Actuación núm. 24 do PXOM; redactado por José Magdalena Nogueira, con data de novembro de 2011, que contén a valoración do solo expropiado e inclúe as follas de xusto prezo individualizadas supervisadas e conformadas pola arquitecta municipal da OTA.

A relación de propietarios e fraccións de propiedade obxecto de expropiación, de acordo co proxecto expropiatorio redactado por José Magdalena Nogueira, con data de novembro de 2011, é a que se reflicte a continuación:

Predio

Titularidade

4 (porción)

Rafael Córdoba Piñeiro e Dolores Muíños García

5

María de las Mercedes Otero Rodríguez, Fernando Cuñarro Pintos, María Eva Outón Veloso e Sindo Javier Cuñarro Pintos

6 (porción)

Mercedes Martínez Rodríguez e Pedro Martínez Domínguez

7

Herdeiros de Luis Pedroso Acibeiro

8

Descoñecido

9

Descoñecido

10

Construcuatro, S.A.

11

Juan Manuel Estévez Otero e María Pilar Freijeiro Muñiz

12

Juan Manuel Estévez Otero e María Pilar Freijeiro Muñiz

13 (porción)

Os Regos Promociones, S.L.

14 (porción)

Mercedes Tomé Loureiro e Marina Tomé Loureiro

15 (porción)

Esther González García, Carmen González Lorenzo, Manuel Santos González Lorenzo

16 (porción)

Claudina Portas Arís

Terceiro. Dispoñer o sometemento a información pública do proxecto de expropiación cos seus documentos polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG, BOP, na páxina web http://pontevedra.eu, e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións ou reclamacións convenientes.

Consonte o disposto no artigo 143.4 da Lei 9/2002, efectuaranse notificacións individuais ás persoas que aparecen como titulares dos bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, co fin de que, no prazo dun mes computado a partir desta notificación, poidan formular as alegacións que estimen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

As publicacións referidas, e particularmente o anuncio no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos do concello, servirán de notificación para os interesados e posibles titulares dominicais ou de outros dereitos reais ou intereses económicos directos sobre o ben a expropiar que resulten descoñecidos ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica das notificacións de acordo co previsto nos artigos 58 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Se efectuada a referida publicación, non comparecen os propietarios descoñecidos, entenderanse as dilixencias co Ministerio de Facenda.

Cuarto. Notificar expresamente este acto como interesados no predio n.º 6 do proxecto a Mercedes Martínez Rodríguez e Pedro Martínez Domínguez e, como interesada respecto do predio n.º 9 a Carmen Piñeiro Durán. Comunicarase tamén o presente acto á Delegación do Ministerio de Economía y Hacienda ou órgano que o substitúa, á Xerencia Territorial do Catastro e ao Ministerio de Fomento.

Durante o prazo dun mes, calquer interesado poderá examinar o expediente, en horario de oficina, no Servizo Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, núm. 2-Pontevedra), e formular as alegacións e suxestións que estime procedentes, computándose o momento inicial do prazo de alegacións, desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e ata o transcurso do prazo dun mes computado desde a última das publicacións referidas.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos legais procedentes.

Pontevedra, 4 de xaneiro de 2012.

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde

Anxos Riveiro Portela
Concelleira secretaria da Xunta de Goberno Local