Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2340

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense

ANUNCIO de información pública.

A Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 5/2004, do 8 de xullo, de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación de Galicia, convoca concurso para a provisión da praza de secretario/a xeral da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense, cuxas funcións veñen recollidas na Lei 3/1993, básica de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación e no artigo 24 da Lei 5/2004, así como nos regulamentos que lle son de aplicación, de acordo coas bases que estarán a disposición dos aspirantes na sede desta cámara, sita na avenida da Habana 30, de Ourense e na páxina web da corporación: www.camaraourense.com

O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 29 de decembro de 2011.

Celso Manuel Barbosa Rodríguez
Presidente da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense