Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2322

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a formalización do contrato de subministración sucesiva de implantes cirúrxicos para o Servizo de Neurocirurxía do CHUO (MS-CHO1-11-005).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e Servizos Xerais. Sección de Contratación. Rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense. Teléfono: 988 38 57 02. Fax: 988 38 50 08.

c) Número do expediente: MS-CHO1-11-005.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de forma sucesiva e por prezo unitario de implantes cirúrxicos para o Servizo de Neurocirurxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

c) Lote: 7 lotes.

d) CPV: 33184100-4.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE: 11.5.2011, BOE: 18.5.2011, DOG: 25.5.2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.305.182,62 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 652.591,31 euros (IVE excluído); importe total con IVE: 704.800 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25 de outubro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 16 de novembro de 2011.

c) Contratistas: CMM, S.L.U. (CIF: B15205537), PRIM, S.A. (CIF: A28165587).

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 620.218,44 € sen IVE; importe total con IVE: 669.835,92 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as detalladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante o 25.10.2011.

Ourense, 30 de novembro de 2011.

Eloína Núñez Masid
Xerenta de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras