Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 22 de decembro de 2011, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica á interesada o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C-16/11.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle á interesada a incoación do expediente sancionador VP-C 16/11 por infracción tipificada no artigo 110 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, a cál lle poderá corresponder a sanción prevista na antedita lei.

É competencia para a resolución do expediente sancionador o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, de acordo co previsto no artigo 115 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, en relación co Decreto 317/2009, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS.

Desígnanse respectivamente instrutora e secretaria do expediente a Clara Gómez Ruíz e Mercedes Roel Nieto, e concedénselle á interesada quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula para facer as alegacións que crea oportunas no seu descargo e, de ser o caso, solicitar a práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación á interesada ausente na repartición, no cumprimento do artigo 59.4.º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 22 de decembro de 2011.

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente sancionador: VP-C 16/11.

Denunciada: Marta Belén de Campoamor Aller.

Rúa: Mirador Montouto, Portal 1-2.º F (Montouto).

Concello: Teo.

Infracción: artigo 110.4 D da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.