Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Galega de Editores.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou o 30 de setembro de 2011 certificación expedida pola secretaria da referida asociación, Laura Rodríguez Herrera, onde reflicte o acordo da asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o 30 de xuño de 2011 e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

Odilo Martiña Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais