Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2011 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de intervención na igrexa do mosteiro de San Salvador de Camanzo, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 164, do 29 de agosto de 2011.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de intervención na igrexa do mosteiro de San Salvador de Camanzo, en Vila de Cruces (Pontevedra), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 115.589,29 euros, IVE excluído. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de decembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 21 de decembro de 2011.

c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A. (Resconsa).

d) Importe de adxudicación: 103.204,72 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

P. D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo