Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2012 Páx. 2231

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de decembro de 2011, pola que se resolve a convocatoria do 3 de maio de 2011, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

Cumprimentados os trámites que figuran na Orde do 3 de maio de 2011, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (DOG núm. 92, do 12 de maio).

Vista a proposta de adxudicación da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo as previsións dos artigos 5 e 9 da orde de convocatoria, e de conformidade co disposto no seu artigo 10.

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a exposición ao público das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas concedidas correspondentes ao ano 2011, prazo outubro, e nas contías que se indican, que estarán expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia, Oficina de Atención ao Cidadán, e nos departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria