Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2049

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación de contrato de obra de abastecemento de auga e instalación de saneamento.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: praza do Concello, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso 15888.

4) Teléfono: 981 69 14 78.

5) Telefax. 981 69 17 86.

6) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellooroso.com

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2011/044.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: administrativo de obras de abastecemento de auga nos núcleos rurais de Vilacide de Abaixo e Berdomás e instalación de saneamento desde a estación de Oroso á EDAR de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

1) Domicilio: praza do Concello, 1.

2) Localidade e código postal: Oroso 15888.

e) Prazo de execución: 6 meses.

f) Admisión de prórroga: non se prevé.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 273.956,27 euros. IVE (18%): 49.312,13 euros. Importe total: 323.268,40 euros.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxase artigo 12.G do prego.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no DOG ou no perfil de contratante.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

2) Domicilio: praza do Concello, 1.

3) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza do Concello, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 15888.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 19 de decembro de 2011.

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde