Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2052

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración de formigón para uso nas brigadas desta deputación provincial para o ano 2012.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de formigón para o uso nas brigadas da Deputación Provincial de Ourense para o ano 2012, cun tipo de licitación de 136.000,00 € (IVE e demais impostos incluidos), integrado pola suma dos importes do valor estimado da subministración (115.254,24) e o IVE aplicable (20.745,76). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15.º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a aqueles que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 28 de decembro de 2011.

José Luis Baltar Pumar
Presidente da Deputación Provincial de Ourense