Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 1995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (959/09).

M.ª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 959/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Andrés Piñeiro Lamelas contra a empresa Galiza Norte Empresa Const., S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza na data do dous de decembro de dous mil once, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, acollo a demanda interposta pola parte demandante José Andrés Piñeiro Lamelas, e condeno a parte demandada, a entidade Galiza Norte Empresa Const., S.L., a aboarlle á demandante a cantidade de 3.590 euros, máis os xuros moratorios do artigo 29 de 10% de mora, así como a condena ao Fogasa a se rexer por esta resolución.

Esta resolución notifícaselles ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 5 días, e indicando que para poder acceder ao recurso a demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar na conta deste xulgado do social, n.º identificador 1589, aberta no banco Banesto, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60); poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista e acreditar tamén depositar na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 150,25 euros preceptivos para recurrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio mando e asino».

E para que lle sirva de notificación de forma legal a José Andrés Piñeiro Lamelas, Galiza Norte Empresa Const., S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial