Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se lle notifica a AA Solar Fotovoltaica, S.L. a Resolución do 7 de decembro de 2011 en relación co expediente de reintegro CEI-SX-2011/21.

Intentada a práctica de varias notificacións con AA Solar Fotovoltaica, S.L. a través do servizo de Correos, non foi posible realizalas, por tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A interesada poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria encadrado na Vicesecretaría Xeral da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, sito no edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4.º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os órganos competentes da Consellería de Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, a forma e o prazo do ingreso da cantidade que debe reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora producidos desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta consellería, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) reguladora de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Persoa xurídica: AA Solar Fotovoltaica, S.L.

CIF: B15951007.

Último enderezo coñecido: Vía Edison, 52, 1.º, Polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela, A Coruña.

Data da resolución: 7 de decembro de 2011.

Asunto: expediente: CEI-SX-2011/21. Resolución pola que se acorda a procedencia do reintegro e a revogación da subvención concedida na anualidade 2008 ao abeiro da Orde do 3 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada PEME I+D e I+D Suma, do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2009, polo importe de 15.266,60 €.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2011.

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria