Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2012 Páx. 2021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador S-85/2011 por infraccións en materia sanitaria.

Con data 22 de novembro de 2011, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador número S-85/2011, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Forján y Gómez Barreiro, S.L. (Laboratorios FGB).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Forján y Gómez Barreiro, S.L. (Laboratorios FGB) o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo n.º 9, Lugo, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbeselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 30 de novembro de 2011.

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: S-85/2011.

Denunciada: Forján y Gómez Barreiro, S.L. (Laboratorios FGB).

DNI/NIF/CIF: B27256023.

Último enderezo coñecido: rúa Aquilino Iglesias Alvariño, núm. 6, Lugo.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 2.1.1 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigos 3.5 e 10 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas.

– Artigos 3 e 5.1; puntos 1 e 4 do capítulo I; e punto 3 do capítulo IX do anexo II do Regulamento (CE) n.º 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Artigo 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).