Con data do 10 de novembro de 2011 (DOG n.º 215, de novembro) publicouse a orde desta consellería pola que se fixaban os prezos de venda ao público de diversas publicacións da Consellería de Cultura e Turismo.
No anexo da citada orde facíase constar como prezo da obra Gilberto Zorio 50 euros.
Dado que esa obra se publicou en réxime de coedición e que a editorial privada que coedita a vende a 60 euros, a Consellería de Cultura, decidiu unificar o prezo, elevándoo a 60 euros.
Con este motivo, a Comisión permanente de publicacións, na súa reunión do pasado 29 de novembro de 2011, aprobou o cambio de prezo da citada obra, elevándoo de 50 euros a 60 euros, sempre en cumprimento da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exacciones reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Visto o anterior,
DISPOÑO:
Queda modificado o anexo da Orde do 18 de outubro de 2011 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións da Consellería de Cultura e Turismo, de tal xeito que o prezo da publicación Gilberto Zorio pasa a ser de 60 euros.
O resto da orde mencionada permanece sen variacións.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2011.
Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo