Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1806

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (879/2010-S).

Nas actuacións do recurso de suplicación número 879/2010-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 94/2009 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol promovidos pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Albañilería Trafoga, S.L., José Antonio Marín Rodríguez, sobre accidente de grao, con data 13 de decembro de 2011 foi ditada a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola demandada Mutua Gallega, debemos revogar e revogamos a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol. En consecuencia, desestimamos a demanda formulada polo demandante José Antonio Marín Rodríguez, e absolvemos libremente desta a referida mutua patronal e os tamén demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Albañilería Trafoga, S.L.

Déase aos depósitos constituídos o destino legal.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na LXS. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións no xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Albañilería Trafoga, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Deporte n.º 46-1.º, 15404 Ferrol, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán no xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto na Coruña o trece de decembro de dous mil once.

A secretaria xudicial