Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1873

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias en materia de xestión, inspección e recadación da taxa pola utilización privativa das vías públicas do Concello de Carballo.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria celebrada o día 29 de abril de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«45. Aceptar a delegación de competencias tributarias acordada polo Concello de Carballo en materia de xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas.

Aceptar a delegación das competencias en materia tributaria acordada polo Concello de Carballo en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración de interese xeral.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos en materia de sancións de tráfico e da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais aos concellos que non teñan delegada a xestión tributaria e a recadación dos impostos municipais obrigatorios.

A executividade deste acordo de delegación queda condicionada á entrada en vigor das ditas bases aprobadas inicialmente na sesión plenaria do 25 de marzo de 2011, así como ao acordo de aprobación definitiva da Ordenanza fiscal número 5 reguladora da taxa pola prestación dos servizos tributarios e, ademais, á publicación no Boletín Oficial da provincia e da comunidade autónoma do acordo de aceptación da delegación pola Deputación Provincial da Coruña, conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 2 de decembro de 2011.

María Padín Fernández M.ª Amparo C. Taboada Gil
Presidenta en funcións da Deputación Secretaria accidental da Deputación
Provincial da Coruña Provincial da Coruña