Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do procedemento sancionador PO-07/2011-C por infraccións en materia de comercio.

Con data 21 de outubro de 2011 o xefe territorial da Consellería de Economía e Industria resolveu iniciar o expediente sancionador número PO-07/2011-C, incoado contra María Fernanda Grande Santos, titular do establecemento Alimentación Fernanda.

Intentada a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle á interesada o contido do dito acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Advírteselle á interesada que, en cumprimento do artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, concédeselle un prazo de 15 días para achegar á instrutora do procedemento cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de ser o caso, propoñer as probas que considere oportunas, concretando os medios de que pretenda valerse.

Vigo, 20 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PO-07/2011-C.

Interesada: M.ª Fernanda Grande Santos (DNI: 76990438-P).

Enderezo: Lorenzo de Carrera, 2, Baiona.

Feitos imputados: unha infracción grave en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia (artigo 13.d), e Decreto da Alcaldía de Baiona do 12.8.2008 (BOP n.º 164, do 26 de agosto).

Instrutora do expediente: M.ª Rosa Martínez García.