O 25 de octubro de 2011, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador n.º 36/35/11-ST incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Francisco Vidal González, propietario do establecemento Cervexería-Tapería O Rancho.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Francisco Vidal González, propietario do establecemento Cervexería-Tapería O Rancho, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2011.
Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
N.º de expediente: 36/35/11-ST.
Denunciado: Francisco Vidal González, propietario do establecemento Cervexería-Tapería O Rancho.
DNI/CIF: 77001996-C.
Último enderezo coñecido: avda. Alfonso Rodríguez Castelao n.º 35, baixo, Arcade-Soutomaior.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 42 da Lei 8/2008; artigo 7.u), 19. 2.a), 19. 3.b) da Lei 28/2005.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 631 euros.