Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2011/155).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20-B, 15840 Santa Comba.

Denominación: reforma do C.T. do Campo da Feira (expediente 27.949).

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: novo centro de transformación prefabricado soterrado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Soterramento das liñas de media tensión de 20 kV que se conectan o C.T. do Campo da Feira. L.M.T.S. derivación a C.T. Miraflores en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×95) Al, L.M.T.S. saída a C.T. A Coruña en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×70) Al, L.M.T.S. saída ao C.T. do Campo da Feira en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×150) Al e cambio de conductor da L.M.T.A. saída ao C.T. do Campo da Feira por PAS-50.

Soterramento das liñas de baixa tensión ás cales dá servizo o C.T. do Campo da Feira, R.B.T. saída torre, R.B.T. saída r/ Miraflores, R.B.T. Alfonso Molina dereita, R.B.T. Papamoscas e R.B.T. Alfonso Molina esquerda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de novembro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña