Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a Decisión do 5 de decembro de 2011 de non someter a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no solo urbano non consolidado (SUNC) do Polígono 16 das Viñas do concello de Oleiros ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no solo urbano non consolidado (SUNC) do Polígono 16 das Viñas do concello de Oleiros ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet: http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental