De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona, a resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña ditada no expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non se puido practicar.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura e Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 21 de decembro de 2011.
Manuel Varela Rey
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: AC-127/11.
Denunciado: José Antonio Fernández Mariño.
NIF: 76777708-M.
Establecemento: café bar Hysteria.
Enderezo: rúa Pablo Iglesias, s/n.
Localidade: Boiro.
Precepto infrinxido: art. 69.a) 2.º da Lei 14/2008.
Resolución: 28 de novembro de 2011.
Sanción: apercibimento.