Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2012 Páx. 1842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2011 pola que se anuncia licitación mediante procedemento aberto da contratación administrativa especial para xestión da cafetaría do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán, 2, 15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 66 14, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo de cafetaría do CGAC.

3. Canon mínimo do contrato.

Importe: mil euros anuais (1.000,00 euros).

4. Prazo de vixencia: dous anos, prorrogable.

5. Fianzas:

Provisional: exenta.

Definitiva: mil euros (1.000,00 euros).

6. Clasificación do contratista: non se exixe.

7. Presentación de propostas.

a) Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, edificio San Caetano, 15711 Santiago de Compostela.

b) Prazo: comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e terminará o décimo quinto día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición económica: o que figura como anexo III no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: todos os interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea e así mesmo tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da rede internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17070

11. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Turismo, ás 11.00 horas da data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

12. Anuncios: os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2011.

José Manuel Rey Pichel
Director xeral de Patrimonio Cultural